IV XORNADAS AGALI: A EDUCACIÓN EN BRASIL DO SECULO XXI

PRESENTACIÓN:
O 16 de outubro de 2013 realizáronse as cuartas xornadas AGALI na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O tema para tratar foi "A educación en Brasil no século XXI". O encontro contou coa presenza de estudantes de Xeografía e foi inaugurado por Francisco Armas, tesoureiro e membro fundador da Asociación AGALI, quen presento o Máster on-line da Asociación "Máster de planificación e estratexias territoriais na sociedade da información: oportunidades de desenvolvemento nun mundo globalizado", cofinanciado polo grupo ANTE.

O primeiro en expoñer foi o profesor Marcelo Horta Messias Franco do Instituto Federal do Amazones (Lábrea, Brasil). Seguiulle o profesor Lourival Cardoso Dá Silva, Vicepresidente da Asociación AGALI que se centrou nas desigualdades existentes no territorio brasileiro, desde un punto de vista económico, social e paisaxístico. Para finalizar houbo unha Mesa de Debate "Realidades educativas en Brasil: Un estado de benestar para todos?" na que interviñeron os dous relatores e os asistentes á xornada.
 
 
(Pulse sobre a imaxe para vela máis grande)
 

 

Data de celebración:

16 de outubro de 2013

Lugar de celebración:

Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela

Organizan:

AGALI, ANTE

Programa:

1.- Presentación das IV Xornadas AGALI
Francisco Xosé Armas
Duración: 5 minutos


2.- Desigualdades educativas e desenvolvemento local no Amazonas
Marcelo Franco.
Duración: 25 minutos.


3.- Realidades educativas en Brasil: ¿Un Estado de Benestar para todos?
Mesa Debate coa participación de Marcelo Franco e Lourival Cardoso
Duración: 35 minutos. 

 

(Volver a Xornadas AGALI)