Investigación

Os antecedentes dos investigadores que impulsan a asociación remóntanse ó ano 2000, data na que comezan a integrarse no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), para desenvolver actividades de investigación e docencia relacionadas coas ciencias sociais e as humanidades. Entre estas actividades destacan a realización de catro teses de doutoramento, a docencia en masters e cursos de especialización, e a participación en proxectos de investigación financiados por institucións públicas e privadas (Plan Nacional de I+D, Ministerio de Ciencia y Tecnología, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Consellería de Innovación e Industria, Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Fundación Feiraco, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, CIS-Madeira e colaboracións puntuais con varios concellos de Galicia e Castela e León). Ademais, destaca a fundación, en outubro de 2009, da Asociación Universitaria Galega de Ciencias Económicas e Sociais (AUGACES) da Universidade de Santiago de Compostela.