Nova edición do Manual do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

A Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica (AGALI) e o grupo de investigación Análise Territorial (ANTE) da Universidade de Santiago de Compostela, publicaron unha nova actualización do manual do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual.

Consta de dous volumes. No primeiro deles, Análisis, Planificación y Estrategias Territoriales en la Sociedad de la Información preséntanse nove capítulos relacionados co territorio e o márketing na sociedade actual, os procesos de planificación urbana, os espazos naturais protexidos, os transportes e mobilidade na sociedade da información, o patrimonio e centros históricos, a acuicultura, e os fluxos migratorios na sociedade actual.

No segundo volume, Procesos de Desarrollo en un Mundo Globalizado consta de seis capítulos tratando temas como os factores risco país, o planeamento da cultura, a paisaxe, as TIG como ferramentas de análise territorial, e a posta en valor dos aspectos medioambientais para o desenvolvemento local.

Os manuais están coordinados por Rubén Camilo Lois González, José Carlos Macía, Francisco José Armas Quintá, e Manuel Cabalar Fuentes. O Máster está impulsado por AGALI e ANTE, é un título propio da Universidade de Santiago de Compostela, e impártese integramente en liña. Pódese consultar máis información ó respecto en: http://www.usc.es/gl/centros/cptf/posgrao

Se desexa adquirir un exemplar pode solicitalo no enderezo electrónico: agaliasociacion@gmail.com