Gran éxito de participación na primeira edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade da Información

A inscrición de alumnos na primeira edición do máster e cursos derivados propostos por ANTE e AGALI resultou ser un éxito. En total, son 19 os alumnos que formalizaron a súa matrícula e que están a participar no desenvolvemento dos cursos a través da plataforma en liña deseñada por AGALI. Entre o alumnado, ao marxe dos inscritos galegos e do resto do Estado español, destaca especialmente un colectivo de profesores e estudantes do municipio de Lábrea, na periferia do Amazonas brasileiro. Ademais, entre os alumnos hai representación doutros países, como Arxentina e Xapón.

«Volver