Celebradas as III Xornadas AGALI. Economía territorial pesqueira en tempos de crise

O pasado día 29 de novembro de 2012 tuveron lugar na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, de 11 a 14 horas, as III Xornadas AGALI, Economía territorial pesqueira en tempos de crise.

No evento participaron como conferenciantes Ánxeles Piñeiro Antelo que tratou o tema da profesionalización do marisqueo en Galicia; Montserrat Iglesias Pérez que abordou o tema do desenvolvemento sostible nas rexións pesqueiras; e pechou a sesión de conferencias Sebastián Villasante Larramendi que disertou sobre o papel que pode xogar a pesca como motor de desenvolvemento económico en Galicia.
Nesta ocasión, as III Xornadas AGALI tamén ofrecen un curso de formación en sistemas de información xeográfica baixo ArcGis 9.3 para todas aquelas persoas interesadas en participar. Terá unha duración de 20 horas e impartirase os días 29 e 30 de novembro e o 3, 4 e 5 de decembro de 2012 de 16 a 20 horas.
As III Xornadas AGALI teñen o apoio do grupo de investigación ANTE da Universidade de Santiago de Compostela.

Descarga o póster do evento aquí.


Breve reseña curricular dos conferenciantes

Ánxeles Piñeiro Antelo

María dos Anxeles Piñeiro Antelo é Licenciada en Xeografía pola USC (1992). Realizou os cursos de doutoramento nesta universidade no bienio 1992-1994 e obtivo a suficiencia investigadora en 1997. No ano 2002 logrou o título de Especialista Universitaria en Ordenación e Desenvolvemento Territorial.  No 2007 ocupouse da posta en marcha do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG), dependente da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, centro que dirixiu até o ano 2009. Na actualidade traballa como tecnóloga no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), en concreto do Grupo ANTE (Análise Territorial). Simultanea esta tarefa coa redacción da súa tese de doutoramento, sobre pesca e política pesqueira en Galicia, tema no que traballou en varios proxectos. Ten experiencia docente na Universidade de Vigo, no Centro de Estudos Eurorrexionais (CEER) e no Máster Interuniversitario en Xestión e Planificación do Turismo (USC/UDC/UVigo). Tamén impartiu docencia na Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da USC, dirixida a alumnos, profesores e persoal administrativo, entre os anos 1999 y 2004.


Montserrat Iglesias Pérez

É Licenciada en Xeografía e Historia na especialidade de Xeografía Aplicada. Levou a cabo os cursos de doutoramento no programa "Análise Territorial e Organización do Espazo en Galicia" (bienio 1994-95), na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o 2006 ó 2009 traballou como axente de desenvolvemento turístico na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Neste organismo formou parte da la Secretaría Tecnica das V Xornadas AGADER sobre Emprendemento no Rural e participou no Plan Estratéxico da indicación xeográfica protexida Pan de Cea, impulsada pola Consellería do Medio Rural. Nos anos 2009 e 2010 colaborou coa Fundación Paideia Galiza na Esclavitude, Padrón no deseño do Programa Leader de Galicia 2007-2013 do Grupo de Desenvolvemento Local Deloa. Na actualidade, xunto a este grupo de desenvolvemento local, traballa na asistencia técnica dun programa de cooperacion rural na Rede Rural Nacional sobre a recuperación de música tradicional.


Sebastián Villasante Larramendi

É licenciado en Dereito e Ciencias Sociais pola Universidade de Bos Aires (Arxentina). En 2009, doctorase en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con Premio Extraordinario. Especializouse en xestión económica de recursos mariños, acuicultura, sistemas mariños socio-ecolóxicos, áreas mariñas protexidas e teoría de xogos en Europa e América Latina. Foi investigador Posdoutoral do Departamento de Economía Aplicada da USC e da Universidade de East Anglia (UK), así como investigador visitante da Universidade de Stanford, Fisheries Centre, Centro Nacional Patagónico, e do Stockholm Resilience Centre. Foi ademáis consultor do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e o Banco Mundial. No 2008, foi premiado pola American Fisheries Society. En 2009, recibiu un premio do INESMA e, en 2010, foi premiado pola Japanese International Fisheries Research Society. Na actualidade é profesor de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.


Fotografías do evento

 

 

«Volver