O próximo 1 de decembro de 2012 abre o prazo para inscribirse na III edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

O próximo 1 de decembro de 2012 abre o prazo para inscribirse na III edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual, máster propio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizado pola Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica(AGALI) e o grupo de investigación Análise Territorial (ANTE) da USC.

O Máster persigue unha posta ó día dos coñecementos xeográficos aplicados ó estudo do mundo actual e as súas dinámicas, á vez que mostra as poderosas ferramentas que as novas tecnoloxías poñen a disposición do xeógrafo. Estudaranse o poder da difusión cultural e a atracción poboacional das áreas urbanas, así como os seus cambios estruturais e consecuencias sociais; a planificación e xestión dos Espazos Naturais Protexidos como unha forma de manexo territorial responsable capaz de equilibrar conservación, desenvolvemento e aprendizaxe, así como as novas oportunidades de desenvolvemento que as áreas rurais teñen na nova sociedade emerxente.

A oferta docente deste máster está composta por vinte materias e o corpo docente ascende a 24 profesores dos cales 21 son doutores.

Máis información do máster e cursos derivados no sitio web da USC

«Volver