Aberto o prazo para se inscribir nas V Xornadas AGALI: Ensinar na Sociedade da Información

Xa está aberto o prazo para se inscribir e enviar comunicacións ás V Xornadas AGALI: Ensinar na Sociedade da Información, que terán lugar os días 18 e 19 de xuño de 2015 en Santiago de Compostela e Lugo. Nesta edición as V Xornadas AGALI están centradas na didáctica das Ciencias Sociais.

PROGRAMA DEFINITIVO DO CONGRESO

(Detalle das exposicións das comunicacións)

As comunicacións agrúpanse en catro liñas temáticas e tamén é posible a participación con pósteres.

a) Paisaxe e Territorio

b) Educación e Territorio

c) Sociedade, Educación e Cidadanía

d) Educación na Sociedade da Información.

O prazo para enviar as comunicacións e os pósteres amplíase até o 12 de xuño de 2015. 

O prazo para inscribirse no congreso amplíase até o 12 de xuño de 2015.

Prezos de inscrición: Profesores 40 Euros; Investigadores e estudantes 25 Euros; Estudantes matriculados na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 2014/2015, inscrición gratuíta.

Para a formalización da inscrición deberá enviar o formulario de inscrición cuberto e o xustificante de pago ó correo electrónico da secretaría do congreso. No caso de alumnos da Facultade de Ciencias da Educación e Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 2014/2015, deberase aportar documento xustificativo.

O pago deberá efectuarse en:

IBAN: ES1620800387873000024277

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN (PDF)

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN (WORD)

Lugar de celebración:

18 de xuño de 2015, Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte. Santiago de Compostela.

19 de xuño de 2015. Facultade de Formación do Profesorado, Lugo.

Contacto secretaría: eventosasociacionagali@gmail.com

Normas para o envío das comunicacións

As comunicacións serán enviadas á dirección de correo eventosasociacionagali@gmail.com en formato Microsoft Word. Os idiomas para a publicación das comunicacións en actas son o galego, castelán, portugués e inglés.

A extensión aconsellable para as comunicacións sitúase entre as 2.500 e 5.000 palabras, incluíndo o título, texto, táboas, figuras, mapas e referencias bibliográficas. As páxinas numeraranse de forma consecutiva, correspondendo a primeira ó título, autor(es) do traballo e a súa dirección de contacto, un resumo e as palabras chave, e as seguintes ó texto. As marxes serán todas de 3 centímetros.

O título estará aliñado á esquerda e con letra Verdana de 18 puntos.

O resumo deberá ter unha extensión máxima de 200 palabras. Xunto ó resumo débense especificar de 3 a 6 palabras chave que amosen unha idea rápida do contido do traballo.

O autor ou autores colocaranse debaixo do título, aliñado á esquerda, en cursiva e con letra Verdana tamaño 11 puntos. Debaixo do nome colocarase o centro de traballo e o correo electrónico sen cursiva.

Un mesmo autor non poderá figurar en máis de dous textos.

No texto non se empregarán nin o subliñado nin a negriña e o tipo de letra será Verdana tamaño 11 puntos. A sangría na primeira liña de cada párrafo será de 1 cm, xustificación completa e interliñado múltiple de 1,15 puntos. O espazo entre párrafos será de 0 puntos en espazado anterior e de 6 puntos de espazado posterior.

Notas a pe de páxina. Colocaranse nas páxinas que correspondan sen sangrado, numeradas correlativamente, en letra Verdana tamaño 8 puntos.

As táboas, figuras e mapas estarán inseridos no texto, numerados correlativamente con cifras arábigas que precederán ó título. Este colocarase na parte superior en letra Verdana con tamaño 11 puntos, aliñado á esquerda e en negriña. A fonte colocarase no borde inferior coas mesmas características tipográficas.

As referencias bibliográficas e fontes intercalaranse no texto entre parénteses, co apelido e o ano de publicación (Castells, 2000).

A bibliografía colocarase ó final da comunicación por orde alfabético seguindo as normas internacionais APA.

Comité organizador:

Xosé Carlos Macía Arce. Universidade de Santiago de Compostela

Francisco Xosé Armas Quintá. Universidade de Santiago de Compostela

Ramón López Facal. Universidade de Santiago de Compostela

Francisco Rodríguez Lestegás. Universidade de Santiago de Compostela

Xosé Armas Castro. Universidade de Santiago de Compostela

Andrés Domínguez Almansa. Universidade de Santiago de Compostela

Víctor Santidrián Arias. Universidade de Santiago de Compostela

Belén Castro Fernández. Universidade de Santiago de Compostela

Xosé Ramón Veiga Alonso.Universidade de Santiago de Compostela

Laura Carpente Tielas. Universidade de Santiago de Compostela

Bieito Silva Valdivia. Universidade de Santiago de Compostela

María Helena Sánchez Rodríguez. Universidade de Santiago de Compostela

Montse Pena Presas. Universidade de Santiago de Compostela

Isabel Fernández López. Universidade de Santiago de Compostela

María José Caamaño Rojo. Universidade de Santiago de Compostela

Marta Neira Rodríguez. Universidade de Santiago de Compostela

María López Sández. Universidade de Santiago de Compostela

María del Pilar Buela Piedra. Universidade de Santiago de Compostela

Isabel Serna Masiá. Universidade de Santiago de Compostela

Javier López Quintáns. Universidade de Santiago de Compostela

Blanca Puig Mauriz.Universidade de Santiago de Compostela

Paloma Blanco Anaya.Universidade de Santiago de Compostela

Rubén Camilo Lois González. Universidade de Santiago de Compostela

Francisco Ramón Durán Villa. Universidade de Santiago de Compostela

Ánxeles Piñeiro Antelo. Universidade de Santiago de Compostela

María Xosé Piñeira Mantiñán. Universidade de Santiago de Compostela

Alberto Martí Ezpeleta. Universidade de Santiago de Compostela

Manuel Cabalar Fuentes. Universidade de Feira de Santana

Yamilé Pérez Guilarte. Universidade de Santiago de Compostela

Lucrezia López. Universidade de Santiago de Compostela

Montserrat Iglesias PérezUniversidade de Santiago de Compostela

Ana Suárez Piñeiro. Universidade de Santiago de Compostela

Miguel Pazos Otón. Universidade de Santiago de Compostela

Pilar Taboada de Zúñiga. Universidade de Santiago de Compostela

Alba Blanco Pérez. Universidade de Santiago de Compostela

Montserrat Domínguez García. Universidade de Santiago de Compostela

Secretaría técnica:

Comité científico:

João Sarmento. Universidade do Minho, Portugal

Lourival Cardoso da Silva. Universidade Católica do Salvador

Xosé Manuel Souto González. Universitat de València

Joan Santacana i Mestre. Universitat de Barcelona

Helena Copetti Callai. Universidade Regional do Noroeste do Estado do Rio Grande do Sul, Brasil

Nestor André Kaercher. Universidade Federal do Rio Grande do Sul, Porto Alegre, Brasil

Ivaine Maria Tonini. Universidade Federal do Rio Grande do Sul, Porto Alegre, Brasil

Jerusa Vilhena de Moraes. Universidade Federal de São Paulo, Brasil

Sonia Maria Vanzella Castellar. Universidade de São Paulo, Brasil

Jorge Luiz Barcellos da Silva. Universidade Federal de São Paulo, Brasil

Wagner da Silva Dias. Universidade Federal de Roraima, Brasil

Vanilton Camilo de Souza. Universidade Federal de Goiás, Brasil

Thiago Aires Silva. Universidade Federal de Goiás, Brasil

Lana de Souza Cavalcanti. Universidade Federal de Goiás, Brasil

Lucineide Mendes Pires. Universidade Estadual de Goiás, Brasil

Heitor Silva Sabota. Universidade Federal de Goiás, Brasil

Miriam Aparecida Bueno. Universidade Federal de Goiás, Brasil

Entidades participantes:

Universidade de Santiago de Compostela

Ministerio de Economía e Competitividade

Grupo de Investigación Ensinanza de Linguas e Culturas e Ciencias Sociais (ELINCIS)

Grupo de investigación Análise Territorial (ANTE)

Centro de Estudos en Investigacións Turísticas (CETUR)

Rede NEDAT (Xunta de Galicia)

Red de Investigación en enseñanza de las Ciencias Sociales (Red 14)

Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica (AGALI)

«Volver