Próxima celebración das VI Xornadas AGALI coa presentación do "proxectoterra"

O mércores 2 de marzo entre as 17:30 e as 20:30 horas, celebraranse as VI Xornadas AGALI no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) coa presentación do proxectoterra a cargo de Rocío Romar Roel. No evento colaboran os grupos de investigación Roda e ANTE, a rede NEDAT, o Colexio de Xeógrafos de Galicia, a Nova Escola Galega e a propia asociación AGALI.
 
As VI Xornadas AGALI celébranse para cubrir un seminario de presentación do proxecto terra na Facultade de Ciencias da Educación. Para este evento están convidados especificamente tódolos alumnos do máster de profesorado para educación secundaria nas especialidades de didácticas aplicadas en ciencias sociais e naturais. Tamén están convidados os alumnos do máster de xeografía e un grupo de alumnos do grao de mestre/a en educación primaria, así como calquera alumno ou profesor da USC.
 
A intención do seminario non é outra que presentar o proxecto e a súa vinculación curricular coas etapas educativas da educación primaria e secundaria, ademais de facer un repaso aos principais contidos didácticos do proxecto e presentar experiencias de aula.
 
 

«Volver