Próxima celebración das VI Xornadas AGALI coa presentación do "proxectoterra"

O mércores 2 de marzo entre as 17:30 e as 20:30 horas, celebraranse as VI Xornadas AGALI no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte) coa presentación do proxectoterra a cargo de Rocío Romar Roel. No evento colaboran os grupos de investigación Roda e ANTE, a rede NEDAT, o Colexio de Xeógrafos de Galicia, a Nova Escola Galega e a propia asociación AGALI.

A Asociación AGALI publica o cuarto volume da revista AGALI Journal

A revista AGALI Journal ten como meta facer visibles traballos de investigación no ámbito das Ciencias Sociales e as Humanidades, e converterse nunha canle para a discusión crítica, a reflexión e investigación nos eidos das Ciencias Sociales e as Humanidades. Neste cuarto volume recóllense os traballos de investigación diversos como a xestión do medio mariño, a música como vía de aprendizaxe da Historia, lingua e indentidades no ensino das ciencias sociais, a identidade como factor motivador da práctica deportiva, e unha aproximación ás xografías urbanas de Vigo e Oporto.

Aberto o prazo para se inscribir nas V Xornadas AGALI: Ensinar na Sociedade da Información

Terán lugar os días 18 e 19 de xuño de 2015 en Santiago de Compostela e Lugo. Nesta edición as V Xornadas AGALI están centradas na didáctica das Ciencias Sociais. 

Celebradas as IV Xornadas AGALI "A educación en Brasil no século XXI"

O día 16 de outubro celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, a cuarta edición das Xornadas Agali co tema “A educación en Brasil no século XXI”. O encontro, que contou coa presenza de estudantes de Xeografía, foi inaugurado por Francisco Armas, tesoureiro e membro fundador da Asociación Agali.

A Asociación AGALI publica o segundo volume da revista AGALI Journal

A revista AGALI Journal ten como meta facer visibles traballos de investigación no ámbito das Ciencias Sociales e as Humanidades, e converterse nunha canle para a discusión crítica, a reflexión e investigación nos eidos das Ciencias Sociales e as Humanidades. Neste segundo volume, recolle traballos de investigación diversos como a emigración de Brasileiros ó Suriman para a explotación do ouro, o turismo cultural en Cuba, ou o poder relixioso na paisaxe europea occidental.

En curso a III Edición do máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

Dende o 1 de abril de 2013, está en curso a III Edición do máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual. A evolución deste título de posgrao propio da USC é moi positiva e nesta edición conta con 21 alumnos procedentes ademáis de España, de Xapón, Brasil e Colombia. Tamén tiveron interese os seus cursos derivados que aprofundan no estudio do turismo sostible e o desenvolvemento territorial, a planificación, análise e estratexias de desenvolvemento na Sociedade da Información.

Celebradas as III Xornadas AGALI. Economía territorial pesqueira en tempos de crise

O pasado día 29 de novembro de 2012 tuveron lugar na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, de 11 a 14 horas, as III Xornadas AGALI, Economía territorial pesqueira en tempos de crise

O próximo 1 de decembro de 2012 abre o prazo para inscribirse na III edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

O próximo 1 de decembro de 2012 abre o prazo para inscribirse na III edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

Xa está aberto o prazo para inscribirse na II Edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade Actual

Xa está aberto o prazo para inscribirse neste máster propio da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizado pola Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica(AGALI) e o grupo de investigación Análise Territorial(ANTE) da USC.

O Máster persigue unha posta ó día dos coñecementos xeográficos aplicados ó estudo do mundo actual e as súas dinámicas, á vez que mostra as poderosas ferramentas que as novas tecnoloxías poñen a disposición do xeógrafo. Estudaranse o poder da difusión cultural e a atracción poboacional das áreas urbanas, así como os seus cambios estruturais e consecuencias sociais; a planificación e xestión dos Espazos Naturais Protexidos como unha forma de manexo territorial responsable capaz de equilibrar conservación, desenvolvemento e aprendizaxe, así como as novas oportunidades de desenvolvemento que as áreas rurais teñen na nova sociedade emerxente.

A oferta docente deste máster está composta por vinte materias e o corpo docente ascende a 24 profesores dos cales 21 son doutores.

Gran éxito de participación na primeira edición do Máster en Planificación e Estratexias Territoriais na Sociedade da Información

A inscrición de alumnos na primeira edición do máster e cursos derivados propostos por ANTE e AGALI resultou ser un éxito. En total, son 20 os alumnos que formalizaron a súa matrícula e que están a participar no desenvolvemento dos cursos a través da plataforma en liña deseñada por AGALI. Entre o alumnado, ao marxe dos inscritos galegos e do resto do Estado español, destaca especialmente un colectivo de profesores e estudantes do municipio de Lábrea, na periferia do Amazonas brasileiro. Ademais, entre os alumnos hai representación doutros países, como Arxentina e Xapón.