Revista

Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica

ISSN: 2253-9042 (impreso)
ISSN: 2444-2445 (digital)
Depósito Legal: C-3187-2011

[Presentación] [Normas para a presentación de orixinais] [Comité Científico]

[Volume I, 2011]; [Volume II, 2012]; [Volume III, 2013][Volume IV, 2014]

[Volume V, 2015]

 

Revista indexada en:


 

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS

O artigos enviaranse ó correo electrónico da revista da Asociación AGALI agaliasociacion@gmail.com en formato M. Word. Os autores deberán indicar por escrito que as súas propostas son orixinais e inéditas, e que non están sendo sometidas nin o serán mentras dure o proceso de avaliación en AGALI Journal. Do mesmo xeito, os autores dos traballos deberán indicar por escrito a súa dispoñibilidade de ceder a AGALI Journal os dereitos de publicación dos seus artigos. Os idiomas para a publicación de orixinais son o galego, castelán, portugués, inglés e francés. Os traballos sometidos a revisión deberán axustarse ás seguintes especificacións técnicas:

  • A extensión aconsellable para os artigos sitúase entre as 4.000 e 8.000 palabras, incluindo o título, texto, táboas, figuras, mapas e referencias bibliográficas. As páxinas numeraranse de forma consecutiva, correspondendo a primera ó título, autor(es) do traballo e a súa dirección de contacto, un resumo e as palabras chave, e as seguintes ó texto. As marxes serán todas de 3 centímetros.

  • O título estará aliñado á esquerda e con letra Verdana de 18 puntos.
     
  • O resumo deberá ter unha extensión máxima de 200 palabras, sendo necesaria adxuntar a súa traducción ó inglés. Xunto ó resumo débense especificar de 3 a 6 palabras chave en castelán e inglés que amosen unha idea rápida do contido do traballo.
     
  • O autor ou autores colocaranse debaixo do título, aliñado á esquerda, en cursiva e con letra Verdana tamaño 11 puntos. Debaixo do nome colocarase o centro de traballo e o correo electrónico sen cursiva.
     
  • No texto non se empregarán nin o subliñado nin a negriña e o tipo de letra será Verdana tamaño 11 puntos. A sangría na primeira liña de cada párrafo será de 1 cm, xustificación completa e interliñado múltiple de 1,15 puntos. O espazo entre párrafos será de 0 puntos en espaciado anterior e de 6 puntos de espaciado posterior.
     
  • Notas a pe de páxina. Colocaranse nas páxinas que correspondan sin sangrado, numeradas correlativamente, en letra Verdana tamaño 8 puntos.
     
  • As táboas, figuras e mapas estarán insertados no texto, numerados correlativamente con cifras arábigas que precederán ó título. Este colocarase na parte superior en letra Verdana con tamaño 11 puntos, aliñado á esquerda e en negriña. A fonte colocarase no borde inferior coas mesmas características tipográficas.
     
  • As referencias bibliográficas e fontes intercalaranse no texto entre parénteses, co apelido e o ano de publicación (Castells, 2000).
     
  • A bibliografía colocarase ó final da comunicación por orde alfabético seguindo as normas internacionais ISO 690-2.
     

Unha vez recibido o artigo, AGALI Journal acusará recibo mediante correo electrónico ó autor ou autores e iniciarase o proceso de revisión. Os traballos, unha vez admitidos polo Comité Científico, serán remitidos a dous avaliadores anónimos. Unha vez recibidas as avaliacións dos dous revisores, o Comité Científico notificará ó autor ou autores a súa aceptación ou rechazo (se os dous revisores así lo reflicten), ou ben a súa proposta de modificación (se un dos revisores así o considera). No caso de producirse unha notable discrepancia entre os dous revisores, o traballo será enviado a un terceiro avaliador. No caso de haber modificacións á proposta orixinal, estas serán enviadas de novo ós revisores para a súa correspondente verificación. O proceso de revisión darase por concluido cando os revisores emitan o veredicto definitivo. O proceso de revisión terá unha duración máxima de catro meses dende a recepción dos orixinais.

As revisións serán de natureza cega en ambos sentidos, na medida en que os autores e os revisores non teñan acceso nin coñecemento ás súas identidades mutuas.