Revista

Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica

ISSN: 2253-9042 (impreso)
ISSN: 2444-2445 (digital)
Depósito Legal: C-3187-2011

[Presentación] [Normas para a presentación de orixinais] [Comité Científico]

[Volume I, 2011]; [Volume II, 2012]; [Volume III, 2013][Volume IV, 2014]

[Volume V, 2015]
 

Revista indexada en:


 

PRESENTACIÓN

A revista AGALI Journal nace a finais do año 2011 impulsada polos membros fundadores da Asociación Universitaria de Ciencias Sociales e Humanidades Galicia Iberoamérica (AGALI) co propósito de facer visibles traballos de investigación no ámbito das Ciencias Sociales e as Humanidades. Trátase dun canal para a discusión crítica, a reflexión e investigación nos eidos das Ciencias Sociales e as Humanidades. Edítaa a Asociación Universitaria de Ciencias Sociais e Humanidades Galicia Iberoamérica (AGALI) e difúndese a través de Internet e en papel.

Trátase dunha revista de ámbito internacional e interdisciplinario e está dirixida, en mayor medida, ó público español e iberoamericano. Publica traballos científicos escritos en galego, castelán, portugués, inglés e francés. Os artigos publicados en AGALI Journal, ben sexan de estados de cuestión, derivados de traballos e proxectos de investigación, abarcan temas varios que fomentan a discusión de temas de actualidade, así como outros que resultan de gran interese para a comunidade científica nacional e internacional.

A periodicidade de AGALI Journal é anual e todos os seus artigos pódense consultar de balde na web da asociación AGALI www.agaliasociacion.org/gl/revista. As propostas de publicación de artigos deben enviarse á dirección de correo agaliasociacion@gmail.com seguindo as directrices establecidas nas “Normas para a presentación de orixinais”. É imprescindible que os traballos sexan inéditos e que non estean en proceso de avaliación ou publicación noutra revista.

Os artigos recibidos, unha vez aceptados, pasarán a un dobre proceso de revisión cega que será levado a cabo por membros do Consello Científico da revista. O proceso de avaliación terá unha duración máxima de catro meses dende a recepción dos traballos.