As linguas e as identidades: o papel do profesorado de Ciencias Sociais nas sociedades plurilingües

Languages and identities. The role of teachers in Social Sciences in plurilingual societies

  • Carlos Lixó Gómez Universidade de Santiago de Compostela

Resumen

No tempo da globalización, o papel do profesorado no vínculo (inevitábel) entre educación, linguas e identidades é fundamental. Desde as Ciencias Sociais, tanto no eido da investigación como especialmente no propio ensino, faise necesaria a elaboración dunha postura coherente e consciente arredor do lugar que deben ocupar as linguas nas aulas das sociedades plurilingües. A sociolingüística é a disciplina en base á cal podemos comezar a elaborar esa proposta, e en Galiza existen xa importantes traballos que nos poden ser útiles nos primeiros momentos. Porén, debemos ir máis alá para colaborarmos desde a nosa formación social á comprensión dunha realidade lingüística e identitaria que incide na formación integral das crianzas, e que está fortemente vinculada á Historia, a Xeografía ou a Arte. Para os docentes de Ciencias Sociais nunha sociedade cunha lingua minorada, cuxos falantes son por defecto vítimas do estigma, propóñense unhas liñas de actuación éticas: o uso responsábel da lingua en todos os ámbitos para a súa dignificación ante o alumnado, a introdución de temas lingüísticos dentro dos temarios de materias sociais e a defensa dos valores do ecolingüismo, da diversidade e o respecto pola diferenza.

Publicado
mar 7, 2016
Cómo Citar
LIXÓ GÓMEZ, Carlos. As linguas e as identidades: o papel do profesorado de Ciencias Sociais nas sociedades plurilingües. AGALI Journal. Journal of Social Sciences and Humanities, [S.l.], v. 4, n. 4, mar. 2016. ISSN 2444-2445. Disponible en: <https://www.agaliasociacion.org/revista/index.php/AGALI_Journal/article/view/26>. Fecha de acceso: 20 jun. 2019
Sección
Artículos