Lectura comparativa das xeografías urbanas de Vigo e do Porto

Comparative insights into urban geographies of Vigo and Oporto

  • Manuel Ramiro López Carro Universidade de Santiago de Compostela
  • Arturo Pérez González Universidade de Santiago de Compostela

Resumen

No presente artigo faremos unha aproximación ás xeografías urbanas que diferentes autores fixeron sobre as cidades de Porto e de Vigo. É interesante esta aproximación debido á proximidade de ambas cidades e á interacción que estas manteñen nun marco eurorrexional con fronteiras cada vez máis diluídas a moitos efectos. Discutiremos a forma en que se abordaron os seus sistemas urbanos, a diferente situación das súas áreas metropolitanas e as aproximacións á xeografía de cada cidade para establecer unha comparación na que se observará un sistema urbano entendido de diferente xeito ao norte e ao sur da raia, así como dúas cidades de diferente tamaño pero que entran en competencia. Constataremos que, neste espazo común, faltan xeografías que poñan en relación ambas cidades e sistemas urbanos e que cremos necesarias de cara ao futuro.

Publicado
mar 7, 2016
Cómo Citar
LÓPEZ CARRO, Manuel Ramiro; PÉREZ GONZÁLEZ, Arturo. Lectura comparativa das xeografías urbanas de Vigo e do Porto. AGALI Journal. Journal of Social Sciences and Humanities, [S.l.], v. 4, n. 4, mar. 2016. ISSN 2444-2445. Disponible en: <https://www.agaliasociacion.org/revista/index.php/AGALI_Journal/article/view/27>. Fecha de acceso: 20 jun. 2019
Sección
Artículos