A identidade como factor motivador da práctica deportiva: O fútbol gaélico na Galiza

Identity as motivating factor for doing sport. Gaelic football in Galicia

  • Guillermo Castro Camba Universidade de Granada
  • Breixo Martins Rodal Universidade de Santiago de Compostela

Resumen

No momento actual o peso das identidades colectivas tanto relixiosas, nacionais ou de xénero presenta unha preponderancia absoluta nos acontecementos mais destacados que están a condicionar o funcionamento do sistema mundial. Ante este feito, faise moi necesario que dende a xeografía sociocultural se incrementen os esforzos por afondar na investigación neste campo de máxima actualidade. Neste senso, o presente artigo pretende estudar a influenza da identidade no incremento nunha determinada práctica colectiva no contexto galego. Estámonos a referir o sorprendente éxito do fútbol gaélico na Galiza que se nos presenta como un claro factor diferencial con respecto a outros territorios do Estado español. Así, buscaranse vinculacións entre a práctica deportiva do fútbol gaélico e a presenza dunha forte identidade colectiva na Galiza, moi marcada por un sentimento de pertenza a un marco cultural de orixe celta. Sexa como for, o presente estudo deixa patente a presenza dun factor diferencial na sociedade galega que incrementa a motivación por parte desta sociedade cara a práctica dun deporte de escaso arraigo social no pasado recente do país.

Publicado
mar 7, 2016
Cómo Citar
CASTRO CAMBA, Guillermo; MARTINS RODAL, Breixo. A identidade como factor motivador da práctica deportiva: O fútbol gaélico na Galiza. AGALI Journal. Journal of Social Sciences and Humanities, [S.l.], v. 4, n. 4, mar. 2016. ISSN 2444-2445. Disponible en: <https://www.agaliasociacion.org/revista/index.php/AGALI_Journal/article/view/28>. Fecha de acceso: 19 sep. 2019
Sección
Artículos