O despoboamento rural galego como problema didáctico: un proxecto para o colexio público do Incio

Galician rural depopulation as a teaching problem. A project for Incio state school

  • Jesús Somoza Fernández Universidade de Santiago de Compostela
  • Andrés Domínguez Almansa Universidade de Santiago de Compostela

Resumen

Asúmese o despoboamento do rural galego como unha problemática de calado social que ten que ter cabida no ámbito da educación. Un tema conflitivo cuxa concreción nas aulas de primaria pode e debe planificarse e deseñarse a través da organización e xestión dun centro educativo. Neste traballo, co colexio público do Incio como referente, abórdase a realización dun proxecto de centro, crítico e aberto ao conxunto dunha comunidade educativa que, como se demostra nunha actuación previa, manifesta a necesidade de acometer actuacións didácticas nas que se contemple a realidade problemática do rural. A elaboración do proxecto pasa por dúas fases: na primeira, un borrador inicial é sometido a crítica por parte de dúas mestras do centro do Incio experimentadas na súa dirección. Tras este proceso de debate e achegas, elabórase o deseño final, que abrangue a todos os cursos da educación primaria a través de propostas de carácter transversal. Coa intención de que un alumnado, educado na reflexión e xestión de problemas próximos, non exentos de emocións e conflito, acade competencias sociais e cívicas e que podan ser compartidas coa comunidade.

Publicado
may 8, 2018
Cómo Citar
SOMOZA FERNÁNDEZ, Jesús; DOMÍNGUEZ ALMANSA, Andrés. O despoboamento rural galego como problema didáctico: un proxecto para o colexio público do Incio. AGALI Journal. Journal of Social Sciences and Humanities, [S.l.], v. 7, n. 7, mayo 2018. ISSN 2444-2445. Disponible en: <https://www.agaliasociacion.org/revista/index.php/AGALI_Journal/article/view/59>. Fecha de acceso: 20 jul. 2019
Sección
Artículos